Lei Orgánica do Estado
Aparencia
A Lei Orgánica do Estado (1967) foi promulgada durante a terceira etapa do réxime franquista, un goberno no que a maior parte do poder estaba en mans da familia tecnócrata. Xunto coas outras sete leis fundamentais do réxime conseguiuse o proceso de institucionalización do réxime franquista.
Contido
[editar | editar a fonte]Ten como materia fundamental:
- A separación de cargos de Xefe do Estado e Xefe de Goberno, aínda que iso non impediu que Franco seguise ostentando os dous ata 1972, cando as Cortes elixiron como Presidente do Goberno a Luis Carrero Blanco (que foi asasinado por ETA en 1973) e ao que substituíu Carlos Arias Navarro.
- Outro punto importante é o aumento do número de procuradores das Cortes, incorporando os 102 do terzo familiar que prevía a Lei Constitutiva das Cortes en 1942, pero que ata ese momento non foran elixidos.
- Asentamento da institución monárquica en España
- Contemplación da posibilidade de crear asociacións políticas.